Bodegas Rilo | Santa Marta de Babío. 15166. A Coruña | 981 795 832 | www.bodegasrilo.com

Bodegas Rilo

Bodegas Rilo é unha empresa familiar situada, actualmente, en Bergondo. Nace en 1940 na parroquia bergondesa de San Isidro da man do seu fundador D. Eduardo Rilo Martínez, adicada á distribución de viño a granel en barrís de madeira. Despois de diversos emprazamentos en diferentes zonas de A Coruña, decídese, por parte do seu fillo D. Ricardo Rilo Villar, a volta ás orixes coa construción dunhas novas instalacións dotadas da maquinaria e os elementos necesarios para o embotellado do viño.

No ano 2000 incorpórase ao persoal o seu neto, D. Ricardo Rilo Pérez e decídese ampliar a adega cun anexo novo para dar cabida á elaboración do viño da terra de Betanzos.

No ano 2009 cómprase unha viña de case 2 ha. en Betanzos plantada de Branco Lexítimo, variedade cun gran potencial pero aínda sen catalogar. Dita catalogación conséguese no ano 2012, sendo a colleita do 2013 a primeira que pode levar o nome da variedade.

A adega bebe de dúas fontes para o seu desenvolvemento, por unha banda da tradición e a aprendizaxe acumulada ao longo de máis de medio século de historia, e por outra do coñecemento, tecnificación e modernización que permitiu o crecemento sostido dunha adega que oferta non só viño da terra de Betanzos e outros caldos que envasa e distribúe, senón tamén bebidas espirituosas que destila nas súas instalacións a partir de materias primas propias como a augardente de bagazo de branco lexítimo, licor de herbas, ou licor café.

Bebidas que se poden degustar na propia adega ou nalgún dos eventos aos que a adega acode co afán de promocionar o cultivo da viña mediante conferencias e dar a coñecer os seus produtos como a Mostra de Viños e Produtos dás Mariñas na Reserva dá Biosfera .Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Betanzos), Mostra do Branco Lexítimo (Paderne), Xornada do paisajismo no viñedo de Betanzos (Betanzos), Presentación - Degustación de Produtos Agroalimentarios Galegos de Elaboración Artesal (Madrid).