Fungocerga | Narín. Xubial. 15800. Melide. A Coruña | 629 383 741 | www.fungocerga.com

Fungocerga

Fungocerga é unha sociedade agraría de transformación (SAT), situada no concello de Galicia, que se dedica ao cultivo de produtos de horta e de froitos do bosque (un total de 10ha.), ao cultivo de shiitake en troncos de carballo e á recollida e venda de cogomelos silvestres.

A situación xeográfica, o clima e a flora da comarca fana idónea para o cultivo natural de diversas variedades de cogomelos e froitos do bosque, como framboesa, grosella, amora, arando e morango. A riqueza da terra e as condicións climatolóxicas da zona permiten que os produtos sigan un proceso natural de crecemento, respetuoso co medio ambiente. Para garantir a calidade da produción só utilizamos as nosas propias plantas.

Fungocerga produce e comercializa, entre outros produtos, os seguintes:

  • Shii-take producido en troncos de carballo.
  • Pequenos froitos do bosque: framboesa, grosella, arándano, amora, amorodo do bosque.
  • Produtos de horta: xudía perona verde perona e faba seca, principalmente.
  • Cogomelo silvestre: boletus, níscalo, cantarela, ... (segundo tempada).
  • Plantacións con castiñeiro micorrizado: Para a produción de castaña, madeira e cogomelo (boletus edulis).
  • Plantacións con piñeiro microrizado: Para a produción de madeira e cogomelo (níscalo e boletus pinícola).