Queixería Varela | Visantoña s/n. Santiso. 15808. A Coruña | 619 867 425 | facebook.com/Queixeria-Varela

Queixería Varela

Empresa familiar de carácter artesanal, de longa tradición queixeria, mantida no tempo polo seu bo facer e a calidade dos seus produtos.

A nosa queixería está situada no corazón de Galicia, un territorio eminentemente rural e gandeiro, onde a tradición queixeira remóntase a tempos inmemoriais, recoñecida pola súa calidade e referendada pola Unión Europea co recoñecemento da súa denominación de orixe protexida de Arzúa-Ulloa .

É das primeiras queserías artesanais que se crea en Galicia nos anos 80, para dar un valor engadido ao leite producido na própia explotación gandeira. Vai xa pola segunda xeración, sen perder o seu carácter artesanal e familiar. Os nosos queixos están elaborados con leite das nosas vacas, que producen un leite de alta calidade, controlada e certificada.

As nosas instalacións, de pequeno tamaño e cunha limitada produción, responden a unha elaboración artesanal esmerada, pero con todas as garantías sanitarias e de seguridade alimentaria establecidas.

>